Nacemento:
Morte:
Médico, 52 anos. Viúvo e sen fillos. Veciño de Ronda. En xullo de 1910 nomeárono xuíz municipal suplente de Cerceda (A Coruña). En 1918 era médico titular en Alcolea de Calatrava (Ciudad Real). No ano 1926 tiña unha clínica en Almagro (Ciudad Real). Xa en 1927 era inspector municipal de Sanidade e, en outubro dese ano, chegou a Ronda; a finais de 1929 era médico titular de Arriate (Málaga), no distrito rondeño. Pertencía a unha familia conservadora.
No ano 1910 era presidente da Sociedade de Labregos de Ordes (A Coruña). En 1914 pertencía á Unión Patriótica (UP), en agosto de 1931 ao Patido Republicano Radical (PRR), despois a Acción Republicana (AR) e, logo, a Unión Republicana (UR).
Desde 1935 era membro da loxa masónica Giner nº 19 de Ronda.
Executado.
Cando comezou a guerra civil estaba na casa da súa nai en San Román das Encrobas, Cerceda, recuperando das feridas dun accidente de tren. No coñecemento que o buscaban, entregouse á Garda Civil e pasou pola Prisión Provincial da Coruña, de onde o trasladaron a Ronda.
Xulgado en consello de guerra en Málaga, o día 01/04/1938, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte. A pesares da multitude de informes favorables, o odio dos veciños rondeños afíns ao Movimiento, que o acusaron de soliviantar aos campesiños, levárono á execución.
Executárono en Ronda ás 24:00 h do 22 de agosto seguinte.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.