← Volver atrás

Alvaredo Rodríguez, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Sarria
(Lugo)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carteiro, 29 anos. Solteiro. Veciño de Santa Eulalia de Arxemil, Sarria.

Militante de Esquerda Republicana (ER) e membro do Sindicato de Comunicacións. Concelleiro de Sarria por ER, dentro da coalición da Fronte Popular (FP).

Encarcerado.

Ingresado no depósito de Sarria o día 11/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 351/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 20/09/1937.

O procedemento afectou a varios veciños de Sarria, coas seguintes sentenzas: condenaron a cadea perpetua a Francisco Alvaredo Rodríguez, Pedro López Gayoso, José López González, Eliseo López López e Ramón Pereira Vázquez; a 20 anos de prisión castigaron a Jesús Tosar Gallego e Pedro Vázquez Núñez; a 15 anos de cadea sancionaron a Leandro Castro González, Julio López López e Luis Loureiro Rodríguez; sentenza de sobresemento provisorio para Ramiro Cortiñas Vaquero e de absolución para Jesús Vila López.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Lugo.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 214 do día 02/08/1941.

Volvérono prender no ano 1946.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 75/46.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha