← Volver atrás

Álvarez Rego, Ángel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga
(A Coruña)
- 26/06/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Formaba parte da IV Agrupación (A Pasionaria) do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer.

Reclamado en abril de 1946, na causa 75/46, polo xuíz militar da Coruña.

Avistado o seu grupo por unha contrapartida franquista, morreu o día 26/06/1946 nunha casa de Milreu na que descansaban.

Ese día a Lisardo Freijo López, Tenente Freixo, e a Marrofer cercounos a Garda Civil en Milreu, por mor dunha delación, xunto con outros oito guerrilleiros de diferentes destacamentos da IV Agrupación. José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio; Benigno Andrade García, Foucellas; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Francisco Cousillas Pombo; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, e Pedro Calvete Brea conseguiron evadir o cerco.

Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Doldán Don, Daniel, e Ángel Álvarez Rego, morreron tiroteados pola Garda Civil. Os outros sete lograron fuxir porque se acubillaban noutro edificio.

Morte rexistrada por mor de ferida de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha