← Volver atrás

Bernárdez Gómez, Isabel

Alcume: Bela
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Exiliada

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 28/02/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México DF
(México)
- 01/01/2000 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestra, 19 anos. Moza de Antonio Ocampo Otero, encarcerado. Filla do médico Luis-Telmo Bernárdez Santomé, executado, e de Isabel Gómez Costas; eran nove irmáns, entre eles Telmo Bernárdez Gómez, exiliado, e José Bernárdez Gómez, exiliado. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando no ano 1936. Mestra da Escola de San Amedio de Corvillón, Cambados (Pontevedra).

Militante da Federación Universitaria Española (FUE) e da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT).

Depurada. Exiliada.

Despois do golpe militar e do asasinato do seu pai, Bela agochouse na casa familiar de San Martiño de Tameiga, en Mos (Pontevedra) para evitar que a raparan por levan a bandeira republicana nas manifestacións que se produciron despois do triunfo da Fronte Popular (FP).

Os franquistas separárona, coma aos seus irmáns, do seu posto de mestra e á súa familia embargáronlles todos os bens.

Marchou para o exilio coa súa nai, as súas irmás e os seus dous irmáns máis pequenos. Estiveron en Portugal ata o 17/12/1937, cando embarcaron en Porto para Francia e en Estados Unidos, cara onde marcharon o 10/11/1939 no De Grasse. Marchou coa súa nai e os seus irmáns María, Rita, Carmen, José e Pedro. Finalmente acabaron o día 27/11/1939 en Nuevo Laredo, Taumalipas (México).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha