Nacemento:
Morte:
Labrego. Veciño de Horta. Era algo atrasado. Irmán de Constantino Bouza Pereira, abatido pola Garda Civil o día 02/03/1939; de Jesús Bouza Pereira, paseado en decembro de 1936 e de José Bouza Pereira, encarcerado. Irmán de Maruja Bouza Pereira, que recibiu malleiras da Garda Civil para que delatara o agocho dos seus irmáns e doutros fuxidos da zona. A un tío seu deportárono a León.
Fuxido. Encarcerado.
Escapado no monte desde 1936.
Nas fragas de Soaserra agocháronse varios fuxidos: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.
Apresado pola Garda Civil nunha emboscada no monte Cabalar, xunto co seu irmán José Bouza Pereira, que tentaba axudalo.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial da Coruña, na causa 213/46.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.