← Volver atrás

Bóveda Iglesias, Alejandro

Alcume: Alexandre Bóveda
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado

Nacemento:

Ourense
- 04/06/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 17/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 33 anos. O día 20/10/1930 casou no Mosteiro de Poio con Amalia Álvarez Gallego; tiveron tres fillas e dous fillos: Xela, Alejandro, José-Luis, Lola e Amalia, da quinta quedaba preñada a súa dona cando el finou asasinado. Estudou Peritaxe Mercantil na Coruña por libre e mentres daba clases particulares en Ourense. Aprobou co número 1 unha oposición en Madrid a dez prazas de xefe de Facenda. Regresou a Galicia para traballar na Delegación de Facenda de Ourense. En 1923 aproba outras oposicións a xefe de contabilidade de Facenda e destinárono a Pontevedra no ano 1927.

En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos (SEG). Tamén foi membro das Irmandades da Fala.

En Pontevedra contacta e fai amizade con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao e Antonio Losada Diéguez, que o levaron a militar no Partido Galeguista (PG). Home de confianza de Castelao, en decembro de 1931 participou en Pontevedra na creación do Partido Galeguista (PG), onde con Castelao representaba a ala máis esquerdista; Vicente Martínez-Risco Agüero, Vicente Risco, representaba ás dereitas. Bóveda exerceu de secretario de organización do partido.

En 1932 participa en Santiago de Compostela (A Coruña) na asemblea do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) e elixírono membro da comisión redactora da parte económica, onde coincidiu co seu amigo Enrique Rajoy Leloup.

O día 20/10/1934, no Bienio Negro, destinárono de xeito forzoso, desterrárono, á Delegación de Facenda en Cádiz polos feitos derivados da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

En 1935 regresou de Cádiz a Galicia, á Delegación de Facenda en Vigo (Pontevedra).

En 1936 participa, como candidato da Fronte Popular (FP) por Ourense, nas eleccións xerais e non consegue acta de deputado, polo “pucherazo” de José Calvo Sotelo.

Encarcerado. Executado.

Sería un dos organizadores das milicias antifascistas que dirixía o dentista Jacobo Zbarsky Kuper, nas que figuraban tamén os irmáns Alejandro Gama Casalderrey e Faustino Gama Casalderrey e que tiñan como obxectivo a defensa do Goberno Civil de Pontevedra diante dos militares sediciosos.

O día 20/07/1936 detivérono no Goberno Civil de Pontevedra tropas rebeldes dirixidas polo capitán de Artillería Luis Sánchez Cantón e encadeárono.

Xulgado en consello de guerra no salón de actos da Deputación Provincial de Pontevedra o día 13/08/1936 polo delito de rebelión e traizón, separatismo e comunismo, co deputado socialista Amando-Faustino Guiance Pampín, condenado tamén á pena de morte, aínda que a Amando conmutáronlla pola de cadea perpetua. O fiscal do seu caso foi Ramón Rivero de Aguilar Otero.

Pasou polas cadeas de Pontevedra, Ponte Caldelas (traslado no que tentaron pasealo) e Caldas de Reis; despois estivo 22 días preso na Escola Normal de Pontevedra.

A sentenza executárona o día 17 dese mes no monte da Caeira, onde o ataron a un pino e fusilárono tropas da Garda de Seguridade e Asalto; un pelotón que mandaba o tenente Agustín Mariné Alemany, quen despois pediu ir á fronte de guerra e faleceu o día 11/09/1936.

Soterrárono coa bandeira galega. Segundo as testemuñas do xuízo cometera o delito de entregar armas no Goberno Civil para a defensa da legalidade republicana fronte aos rebeldes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.