← Volver atrás

Brañas Cancelo, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Sancionado

Nacemento:

San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 09/01/2012 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 27 anos. Casado; tiveron dous fillos: Manuel e José-María. Estudante na Escola de Maquinistas da Armada, en Ferrol. Irmán de Juan Brañas Cancelo, depurado da súa praza de profesor universitario, de José Brañas Cancelo, encarcerado, e de Antonio Brañas Cancelo, exiliado.

Militante do Partido Galeguista (PG).

Encarcerado. Depurado. Sancionado.

Pola súa lealdade á República e ao Goberno legal negouse ir a filas, polo que o depuraron do exército cando era maquinista da Armada, alférez graduado. Estaba destinado no canoneiro Cánovas del Castillo.

Preso no buque prisión Plus Ultra acusado de desafecto á rebelión.

Desterrárono a Haro (A Rioxa).

Despois da guerra colaborou con Isidro Parga Pondal na empresa Kaolines de Laxe, S.L. e, máis tarde, traballou en Pescanova.

Aínda así, nos anos cincuenta controlábao a Garda Civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha