← Volver atrás

Caamaño Comparada, Jaime

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 50 anos. Casado; tiñan dous fillos: Daniel e Manuel. Veciños de Padrón (A Coruña). Propietario da empresa de automóbiles El Jaime, de Padrón. Pai de Daniel Caamaño Eiras, Filiado, paseado polos falanxistas, e de Manuel Caamaño Eiras, encarcerado .

Pertencía á Agrupación Socialista (AS) de Padrón.

Executado.

O presidente do Comité de Defensa da República en Padrón era Daniel Caamaño Eiras e tamén figuraban: Andrés García de la Riva Colombo, da UXT; Andrés-Genaro Rey Baltar, de Esquerda Republicana (ER); Antoliano Correa Jamardo, concelleiro da Fronte Popular (FP); José Calvo Rivas, de ER; Juan Ribeiro Aboy; Francisco-José-Ramón Castaño Otero e Ramón Piñeiro Romero; posiblemente tamén estarían José-Ramón Millares Gil e Jaime Caamaño Comparada.

Detido en Padrón polos sublevados e trasladado a Santiago de Compostela o día 30/08/1936.

Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o día 16/11/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 239/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Jaime Caamaño Comparada, Francisco-José-Ramón Castaño Otero, Antoliano Correa Jamardo, José-Ramón Millares Gil e Andrés-Genaro Rey Baltar; castigaron coa cadea perpetua a José Calvo Rivas e declararon fuxidos a: Daniel Caamaño Eiras e Andrés García de la Riva Colombo.

A todos eles fusiláronos no cemiterio de Boisaca.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha