← Volver atrás

Campíns Aura, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Golpista. Executado

Nacemento:

Alcoy
(Alacante)
- 18/03/1880 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sevilla
(Sevilla)
- 16/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 56 anos. Casou con María de los Dolores Roda Rovira; tiveron tres fillos. No ano 1897 ingresa na Academia de Infantería de Toledo; co tempo pasou pola Escola Superior de Guerra. Veterano da Guerra de Marrocos, comandante en 1915, tenente coronel en 1921. Participou no Desembarco de Alhucemas do día 08/09/1925 e, nese ano, acada o grao de coronel. Amigo persoal de Francisco Franco Bahamonde.

Ao remate da guerra en África, coopera con Franco na organización da Academia Xeral Militar de Zaragoza; Franco era o director xeral e Campins o subdirector. O Goberno republicano disolveu esta Academia no ano 1931 e Campins veuse afectado pola lei de Manuel Azaña Díaz que prexudicaba os ascensos militares por méritos de guerra.

O triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, supuxo un golpe de incerteza na súa carreira militar; aínda así ascendeu a xeneral de brigada en maio e en xullo era comandante militar de Granada.

Executado.

A pesares dás dúbidas iniciais, foi leal á República nos primeiros momentos do golpe, e sumouse aos sublevados no momento do golpe militar pola presión dos seus subordinados; fíxose co mando de Granada. Tivo diferencias con algún dos seus subordinados, o que aproveitou o xeneral Gonzalo Queipo de Llano Sierra, co que se enfrontara Campins cando non atendeu algunha das súas ordes radiofónicas. Trasladado a Sevilla, sometérono a consello de guerra sumarísimo (causa 122/36), condenárono á pena de morte e fusilárono ás 06:30 h do 16 de agosto nas murallas do barrio da Macarena, en Sevilla. Gonzalo Queipo non atendeu as peticións de clemencia que lle transmitira Francisco Franco.

Cando o xeneral Domingo Batet Mestres non se puxo á fronte dos sublevados en Burgos, os seus subordinados prendérono. A Batet xulgárono en consello de guerra, condenárono á pena de morte e executárono a pesares das xestións dos xenerais Gonzalo Queipo de Llano Sierra e Miguel Cabanellas Ferrer, que eran os seus amigos. Francisco Franco Bahamonde tomaba así vinganza da pena de morte que Queipo de Llano estendera contra do xeneral Campins.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.