← Volver atrás

Carballo Novigil, Florencio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Prado dos Remedios, Mondoñedo
(Lugo)
- 15/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 47 anos. Casado. Veciño de Ribadeo (Lugo). Antes fora albanel.

Militante do PSOE de Ribadeo.

Encarcerado. Paseado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 02/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 309/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Ribadeo.

A sentenza deste xuízo condenou á pena de morte a: Fernando Bellón Fernández, Antonio Fernández Sánchez e Luciano Martínez Piñeiro; penas de cadea perpetua para: José Castaño Reimundo, Francisco Rodríguez Monteavaro e Luciano Rodríguez Monteavaro; tamén castigaron a prisión a José-Antonio Díaz Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Florencio Carballo Novigil, Santiago Fariña Reinante, Enrique Navarret García, José-María Torviso Fernández e Andrés Vale Blanco.

Andado o tempo capturárono os sediciosos e encarcerárono en Ribadeo.

Os falanxistas sacárono da cadea de Ribadeo o día 11/09/1936 para pasealo ao día seguinte.

Morte rexistrada no Prado dos Remedios por mor de ferida de arma de fogo no bulbo-raquídeo.

Nun primeiro momento rexistrárono como descoñecido.

Asasinouno o brigada da Garda Civil e xefe comarcal de milicias de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) Pablo de la Fuente Aguirre, quen xustificou a execución cun intento de fuga.

Nese lugar e data asasinaron a: Florencio Carballo Novigil, mariñeiro; Antonio-María Martínez López, labrego; Enrique Navarret García, mariñeiro, e Andrés Vale Blanco, xornaleiro.

Soterrárono en Mondoñedo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha