← Volver atrás

Castro Cao, Raúl

Alcume: o Arxentino
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

República Arxentina
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilarchao, Santo Eusebio da Peroxa, Coles
(Ourense)
- 20/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 22 anos. Solteiro. Veciño de Ourense. Naceu na Arxentina de pais galegos; retornou coa súa nai e os seus irmáns ao concello de Coles. Traballaba como albanel a xornal para a Condesa de Lagariños e logo no seu taller.

Militante do PCE.

Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.

Co golpe de xullo de 1936 agochouse e permaneceu entobado ata o ano 1943; logo presentouse ás autoridades e pasou varios anos preso en Cádiz.

Os falanxistas saquearon a casa familiar e vendéronlles os animais.

Tempo andado entrou da man do PCE na loita antifranquista.

Con José-María Saavedra Díaz, Pepe, organizou os refuxios dos guerrilleiros no val do Miño; dependían do grupo que mandaba Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, e do que era comisario político e delegado do PCE Benigno Fraga Pita, Alejandro, e membro integrante Manuel Rodríguez González.

Desta II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

En Ourense foi xefe do Destacamento Santiago Carrillo con José-María Saavedra Díaz e actuaban no Val do Miño. Como xefes de grupo tiñan a Máximo Nóvoa Barreiros e a Gumersindo Fernández Incógnito.

En 1946 era responsable político e instrutor militar na II Agrupación do EGG e instalaron a súa base nunha casa da Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na Serra de San Mamede (Ourense). O dito refuxio estaba na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.

Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.

Escapou a un enfrontamento coa Garda Civil en 1948. O día 24/11/1948 a Garda Civil iniciou unha batida polas covas das beiras do Miño, ao nordeste de Ourense; na mañá do día 25 chegaron ao monte Chelo, a uns quilómetros de Coles. Unha cova da zona vixiábana dous homes; os represores abriron fogo e mataron a Máximo Nóvoa Barreiros, mentres José Pallarés Taboada puido retirarse ao interior da gruta, onde se atopaban tamén Raúl Castro Cao, xefe do destacamento. Aquilo era unha rateira cunha soa saída; saíron tirando bombas de man, Raúl conseguiu escapar e Pallarés morreu no intento.

Despois do suceso de Coles, Raúl quedou sen o seu agocho favorito da cova e pasou a depender dos seus enlaces e apoios.

Na madrugada do día 20/01/1949 a Garda Civil rodeou o palleiro dunha casa en Vilarchao, onde vivía a súa moza. Diante da imposibilidade de fuxir, tentaron repeler o ataque das forzas represivas e morreu no enfrontamento, xunto con César González González, o Madriles. Semella que os dous se suicidaron para non caer nas mans dos represores. Heine di que os abateron as balas inimigas.

Moitos dos seus familiares sufriron represalias e á moza encarcerárona.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.