← Volver atrás

Castro Martínez, Perfecto

Alcume: o Tereso
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Santa María de Galdo, Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Vila da Igrexa, San Martiño de Cerdido, Cerdido
(A Coruña)
- 16/04/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 31 anos. Solteiro. Veciño de Ourol (Lugo).

Simpatizante do PCE.

Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.

Ingresado no depósito de Viveiro o día 22/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo e, despois, ao depósito de Mondoñedo (Lugo).

Puxérono en liberdade o día 17/03/1938.

Ao saír da cadea sumouse á guerrilla antifranquista como membro da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG). Antes traballara como enlace ata a caída dos comunistas en Viveiro. Participou na execución do cura de Bravos e na do alcalde de Ourol.

Despois pasou ao Destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do EGG.

Por este destacamento pasaron: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.

Morreu o día 16/04/1949 nun enfrontamento coa Garda Civil preto da Vila da Igrexa, xunto con outros membros do Destacamento Eive-Carbón: José Vilariño Fernández, Arturo, José Felpeto Gómez e o enlace Antonio Pita Paseira; neste combate morreu tamén o garda civil Ramón Pérez Casas. Outro guerrilleiro foi quen de fuxir.

Despois destas mortes ábrese a causa 133/49 en Ferrol (A Coruña) co resultado de sobresemento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha