Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 22 anos. Veciño de Santa Uxía do Ézaro, Dumbría.
Fuxido. Encarcerado.
Despois de permanecer agochados no Monte Pindo durante máis dun ano, o sábado 16/10/1937 un grupo de 13 persoas de Carnota e Dumbría decidiron facerse coa motora O As de Sel, propiedade de Antonio Sel, e escapar da guerra e da represión a que os sometían os fascistas a eles e aos familiares e veciños. Baixaron ao porto do Sinal e fixéronse co barco despois de ameazar á tripulación a punta de pistola. Incautaron combustible e provisións en Corcubión e Fisterra e, no medio do temporal, puxeron rumbo a Inglaterra; aos dous días auxiliounos e remolcounos o vapor inglés SS Strib ata Bristol (Inglaterra). As autoridades inglesas, polo Pacto de no Intervención, devolvéronos a Cataluña, a través de Francia, e tiveron que loitar no exército republicano.
Os 13 fuxidos eran o veciño de Santa María de Lira, Carnota (A Coruña) Manuel Caamaño González e os de San Clemente do Pindo, Carnota: Ángel Casais Caamaño; Luis Casais Casais, estudante; José-Joaquín Casais Piñeiro; José Piñeiro Casais; Manuel Piñeiro López; os irmáns Alfredo Piñeiro Riveiro e Constantino Piñeiro Riveiro. Tamén fuxiron os veciños do Ézaro, Domingo-Antonio Castro Rodríguez, Manuel-Francisco Ferrer Gándara, Manuel Lago Sambade e os irmáns Manuel Rodríguez Louro e Joaquín Rodríguez Louro.
O Catelo foi o organizador e cabeza visible desta fuxida.
A moitos deles procesáronos en Ferrol (A Coruña), na causa 474/37, o día 20/11/1937, polos delitos de piratería, roubo e rebeldía.
De Inglaterra pasa a Francia e logo entra en España. Combate no exército republicano ata que o capturan as forzas franquistas.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
O plan de fuxida do Catelo e dos once homes que fuxiron con el tardou un ano en concretarse. Desde o alto do monte Pindo divisaban nas Illas Lobeiras, fronte a Carnota, dous barcos que pescaban na zona. No verán de 1937 baixaron ao porto do Pindo e a punta de pistola asaltaron o buque conserveiro O As. Chegaron a Bristol e Inglaterra, polo Pacto de no Intervención, devolveunos a España, á zona republicana.
Xulgado de novo en 1941 en consello de guerra en Ferrol polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Puxérono en liberdade condicional en 1942.
Logo de pasar unha longa estadía no cárcere, morreu de pulmonía.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.