← Volver atrás

Colmenero Fernández, Gregorio

Alcume: o Porreto de Torbeo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

La Felguera, Langreo
(Principado de Asturias)
- 01/01/1923 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Piricallo, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos
(Lugo)
- 20/04/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 13 anos.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Co triunfo do fascismo en España viuse na obriga de botarse ao monte para salvar a súa vida.

No ano 1942 aparece na guerrilla baixo as ordes de Mario Rodríguez Losada, o Langullo, o Pinche.

Neste grupo figuraban tamén: Gervasio Cereijo Veiga, Trenzas; Jesús Quiroga Arias, Chucho, e Sebastián Rodríguez López. Actuaban por Quiroga, Manzaneda e Trives, nas serras da Queixa, San Mamede, Cabeza de Manzaneda e os montes do Invernadoiro. Realizaban sabotaxes, ataques ao Goberno franquista e represión a colaboradores e delatores, sobre todo curas e falanxistas. Mantiñan relación cos portugueses da oposición a Antonio de Oliveira Salazar e tamén co grupo de Manuel Girón Bazán, Girón.

No verán de 1941 tamén formaba parte deste grupo Edelmiro Alonso García, Delmiro.

A finais dos anos corenta era membro do Destacamento Santiago Carrillo, da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Evaristo González Pérez, Rocesvinto.

Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por delito de bandoleirismo na causa 616/48.

En abril do ano 1949 agocháronse en dous grupos en dúas casas que distaban uns 800 metros, preto de San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo).

Morreu na batalla de Repil, enfrontamento en Repil e O Piricallo, en Chavaga, o día 20/04/1949, no que interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada (León) e de Monforte de Lemos (Lugo) contra guerrilleiros do Destacamento Santiago Carrillo. Aos represores mandábaos o comandante Miguel Arricivita Vidondo.

Guillermo Morán García, Asturiano; Julián Acebo Alberca, Guardiña; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finaron, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Ramón López Casanova e María López Casanova; estes dous últimos eran dous irmáns que facían de enlaces e donos da casa e aos que executaron en represalia os facciosos. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, e Samuel Mayo Méndez foron quen de fuxir e a María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.

A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.