Nacemento:
Morte:
Mecánico, 27 anos. Veciño da rúa Bretón de los Herreros, 25, en Madrid, onde se colocou de aprendiz de aeronáutica ata mediados de 1937.
Militante do PCE.
Exiliado. Encarcerado. Sancionado.
En 1937, en Alcalá de Henares (Madrid), traballaba na Dirección Xeral de Defensa Especial contra Aeronaves (DECA).
Nos días finais da Guerra Civil Española, o día 12/02/1939, pasou a Francia; semella que escapou de Madrid, con outros compañeiros, nun avión republicano aproveitando os seus coñecementos de aviación.
Cando se produce a invasión nazi de Francia, arrestouno a policía alemá o día 20/06/1940 por traballar para a resistencia francesa facendo propaganda entre os resistentes españois.
Confinárono en Angulema (Charente, Nova Aquitania, Francia). Trasladado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria) o día 24/08/1940 e a Gusen (Austria) o día 24/01/1941 para traballar na canteira.
Liberado do campo de Mauthausen pola XI División Blindada de EEUU o día 05/05/1945, pasando a Suíza ata o 16 de xuño seguinte e, despois, repatriado a Francia.
En 1948 xa residía en Toulouse (Occitania, Francia).
No ano 1950 incoóuselle un expediente no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo, que lle impón unha sanción de dez pesetas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.