Nacemento:
Morte:
Obreira. Casada co mestre e político José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, González, López; tiveron dúas fillas: Socorro e Pilar. Traballadora da industria conserveira. Na etapa da II República vivían en Vigo (Pontevedra) e o seu home traballou en Tranvías, Fenosa e Singer; logo José estudou Maxisterio e exerceu como mestre en Santa Cristina de Lavadores, en Vigo.
Militante do PCE.
José tamén era militante do PCE desde o ano 1932 e ocupou a secretaría de organización do Comité Rexional en Galicia no ano 1935, partido no que o introducira a súa dona.
Vítima colateral.
Ao comezar a guerra civil José achábase en Madrid e loitou como miliciano no bando republicano, sendo comisario político no exército leal. Combateu nas frontes de Madrid, de Andalucía e do Ebro.
No Comité Central do PCE coñeceu a Concepción Abad Rodríguez, natural de Valencia; pasaron a vivir a Barcelona e, á caída desta cidade, marcharon a Francia, á República Dominicana e o día 14/03/1940 á Habana (Cuba), onde naceu o seu único fillo con Concha, José.
En xuño de 1944 Gómez Gayoso volveu a Madrid, vía Bilbao (Biscaia), cando aínda se confiaba na intervención aliada en España. Recibiu instrucións do PCE para incorporarse en 1945 como secretario xeral do PCE en Galicia.
Ao seu home matárono os fascistas no Campo da Rata, na Coruña, o día 06/11/1948.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.