← Volver atrás

Domínguez Pan, Amador

Alcume: Jaime Pimentel
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Executado

Nacemento:

San Xoán de Pravio, Cambre
(A Coruña)
- 22/06/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 25/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 20 anos. Casou con Angelina Nogueira Calviño; tiveron un fillo: Raúl. Ao seu irmán Benito Domínguez Pan paseárono o día 07/09/1937. Mariño da Armada, cabo de mariñeiría no acoirazado España.

Militante da Unión Campesiña de San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña), da CNT.

Fuxido. Encarcerado. Executado.

Cando se produce o golpe militar tentou que a oficialidade do España non puxera o acoirazado a favor dos sublevados. Desertou e apresárono os fascistas uns meses despois.

Xulgado co resultado de sentenza a oito anos de prisión; case que seis anos pasounos na cadea.

Saíu en liberdade condicional o día 28/02/1943 do Castelo de San Felipe, Ferrol (A Coruña).

A sorte que correron os mariñeiros leais do España foi a que segue:

O oficial 3º de artillería Dionisio Mouriño González morreu nos enfrontamentos contra os sublevados o día 21/07/1936.

O día 30/07/1936 pasearon ao 2º maquinista Pedro López Amor, 36 anos.

Na data do 17/08/1936 finaron paseados: o 2º oficial Manuel Serantes Canosa, 39 anos; o 3º maquinista Ángel Monteagudo Carro, 33 anos, e o auxiliar contramestre Alfonso Raja Coronado, 33 anos.

Fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol o día 25/08/1936 a: os cabos José Agras Pedreiro, 23 anos, e Santiago García Eiroa, 27 anos, e os mariñeiros Bernardino-José López Fernández, 21 anos, e Mario López Victorero, 21 anos.

En Santa María a Maior do Val, Narón (A Coruña) asasinaron a 32 tripulantes o día 26/12/1936: os cabos Pablo Beascoechea Rebollar, 27 anos; Joaquín Calvo Bellón, 25 anos; Higinio Fajardo Aneiros, 22 anos; Manuel Fernández Arias, 29 anos; Leandro Gregorio Ingelmo, 30 anos; Francisco Pardal Pouso, 23 anos; Eulogio Parga Méndez, 24 anos; Antonio Riande Castro, 29 anos; Óscar-Fernando Roza Ramos, 26 anos, e Nicolás Serantes Pérez, 36 anos.

A mesma sorte correron: os fogueiros Juan Morado Monteagudo, 22 anos; Jesús Vázquez Varela, 26 anos, e Reyes-Antonio Yáñez Pérez, 23 anos; o mestre de mariñeiría Francisco Bellafont Ginart, 31 anos, e o auxiliar 2º de mariñeiría Guillermo Díaz Vales, 36 anos.

Acompañáronos nesta negra xornada: os mariñeiros Gabino Álvarez Carreira, 18 anos; Salvador Aneiros Teijeiro, 19 anos; Eugenio Bedía Méndez, 21 anos; Nicolás Benito Aneiros, 21 anos; Manuel Calvo Arribas, 19 anos; Juan Costa Romero, 20 anos; José Domínguez Rodríguez, 21 anos; Juan Fernández Díaz, 21 anos; José-Vicente Fernández Suárez, 20 anos; Manuel Gallego Fernández, 22 anos; Manuel Gallego Méndez, 22 anos; José Liñeiro Traba, 22 anos; José López Lago, 19 anos; Manuel López Saavedra, 23 anos; Manuel Martínez Inclán, 21 anos; Ángel Méndez García, 27 anos; Evaristo Nogueira Vieites, 19 anos, e Armando Romero Candamio, 20 anos.

Castigaron a cadea perpetua a: os cabos Argimiro Alonso García, 28 anos; Emiliano Barreiro Fuentes, 31 anos; Manuel García Soto, 28 anos; o auxiliar de artillería Francisco Leira Yáñez, 41 anos; os fogueiros Francisco Casteleiro Uria, 24 anos; Juan Oreona Teijeiro, 22 anos, e Antonio Varela Bouza, 32 anos, e os mariñeiros José Gómez Gómez; Antonio Santiago Rodríguez, 19 anos, e José Seijo Pita, 37 anos.

Pena de 20 anos de cadea para o cabo Antonio Gandoy Piñón, 27 anos.

Reclusión de 12 anos e un día para: os mariñeiros Leopoldo Conde García, 21 anos; Manuel Díaz Díaz, 21 anos; Juan Díaz Montero, 20 anos; Amador Domínguez Pan, 21 anos; Fernando González Posada, 19 anos; Ángel Lorenzo Souto, 22 anos; Manuel Maceiras Fornos, 25 anos; José Manteiga Rivas, 20 anos; Ernesto Martínez Rodríguez, 22 anos; José Pérez Rocha, 19 anos; Manuel Pérez Soler, 25 anos; Juan Rico Castiñeira, 22 anos; José Rodal García, 21 anos, e José Vecino Montero, 20 anos.

Condenaron á pena dun ano de cadea ao cabo Ramón Loureiro González, 25 anos.

Para moitos outros membros da dotación descoñécese a sentenza ou ben os absolveron na causa.

Sabendo que o ían desterrar a Lugo ao saír da cadea, agochouse na casa da súa entón moza Angelina Nogueira Calviño e coa acabaría por casar; tiveron un fillo.

Anos despois Amador Domínguez adicouse a organizar os grupos que operaban nos Castros e San Pedro de Nós. Un deses grupos eliminou o axente do Servizo de Información e Policía Militar (SIPM), José Barcia Rioboo, na Gándara, San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña). O grupo volante que participou neste operativo formábano: Amador, José Seijo Don, José Garrido Pasandín e o seu fillo Eduardo Garrido Otero. O grupo desarticulouno a Policía Armada e el pasou á clandestinidade. José e Eduardo Garrido finaron executados.

En 1945 era o responsable do Destacamento Arturo Cortizas, que realizaba as súas accións na zona de Ortigueira e Ferrol.

Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador DomínguezPan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.

Con posterioridade, tamén no ano 1945, integrouse no novo Destacamento Enrique Líster, do que foi o primeiro xefe militar, mando que compartía con Francisco Rey Balbís, Moncho. Ocupaban as zonas de Betanzos, As Mariñas e A Coruña.

Neste destacamento estiveron: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; José-María Díaz Pan, Jaime; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina; Francisco Rey Balbís, Moncho e Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias.

Na primavera de 1946 formou parte do Grupo volante A Mariña, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Francisco Rey Balbís, Moncho.

Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.

Despois desenvolveuse como adxunto de Marrofer.

Co andar do tempo ingresou no Destacamento Enrique Líster do que foi xefe militar.

Participou no atentado contra Manuel Doval Lemat, xefe da Falanxe en Cambre (A Coruña), o día 16/04/1946.

A súa especialidade era o descarrilamento de trens.

Abandonou o destacamento, por diferencias con Moncho, o día 21/07/1947, sen avisar aos compañeiros e decidido a marchar de España cara América, converténdose así en proscrito dos represores e dos guerrilleiros.

Apresado pola Garda Civil na casa do enlace Jesús Pena Bolón, en Calvelo, San Salvador de Sofán, Carballo (A Coruña) o día 18/08/1948, cando deixara xa o EGG, e por mor das informacións que obtivera o infiltrado Claudio Díaz Milia, Manolete.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 14/12/1948 xunto con tres enlaces e acusado de pertencer a partidas armadas, na causa 433/48, co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado a garrote vil na Prisión Provincial da Coruña o día 25/01/1949.

Soterrárono o día 25 de xaneiro nun nicho no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Outras informacións, testemuña dun enlace, din que o eliminaron os seus compañeiros ao tolear no monte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.