Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, político e sindicalista, 21 anos. Veciño de Portonovo, Santa María de Adina, Sanxenxo.
Secretario xeral do PCE de Portonovo. Vicepresidente de Unión Agraria Marinera de Portonovo, vencellada á CNT.
Encarcerado.
Detido polos franquistas o día 01/08/1936 polos sublevados e sen procesamento xudicial, pasando por varias cadeas (Cambados, Illa de San Simón, San Marcos de León) e batallóns disciplinarios de soldados traballadores (BDST) en Galicia e en España ata o ano 1940.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol por deserción co resultado de sentenza de sobresemento.
Responsable de Socorro Rojo Internacional (SRI), dirixente das milicias na clandestinidade e vencellado a Mundo Obrero e El Guerrillero.
No ano 1941 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas.
En xuño de 1948 arrestárono, cando caeu a organización comunista de Pontevedra, pola súa actividade comunista clandestina de propaganda.
Nesta acción detiveron a: Carlos Crespo Alfaya, mestre; Jesús Carrera Barreiro; Severino Domínguez Rey, mariñeiro; Manuel López Esperón, mestre, e Gonzalo Velasco.
Sometérono a consello de guerra en Pontevedra por un delito semellante ao de rebelión militar e condenárono a dous anos de prisión.
Internárono na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde sae en liberdade en marzo de 1950.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.