Nacemento:
Morte:
Practicante e médico, 26 anos. Veciño de Santa Mariña de Sillobre. Emigrado en Cuba desde 1924 a 1928, cando o deportaron e instalouse en Barcelona, onde se fixo practicante. Estudou tamén Medicina, que non rematou por mor da guerra civil.
Militante da Agrupación Socialista (AS) en Barcelona.
Fuxido. Encarcerado. Depurado.
Combate durante a guerra civil no exército republicano como capitán médico na fronte de Teruel.
Causa aberta en Ferrol polo delito de deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Cae preso dos fascistas na fronte de Teruel, en Binefar (Huesca), pasa polo campo de concentración de Garrapatillas e, máis tarde, incorporárono ao exército sublevado. Enviárono á Coruña para traballar no Hospital de Sangue.
Detido en Ferrol (A Coruña) en febreiro de 1940 e ingresado no Castelo de San Felipe.
Xulgado novamente en consello de guerra en Ferrol polo delito de auxilio á rebelión, en febreiro de 1942, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Pena ordinaria conmutada pola de 20 anos de cadea.
Puxérono en liberdade condicional en xullo de 1942, trasladouse coa súa familia á Coruña e remata por montar unha ferretería na Praza de España.
Consegue a liberdade absoluta no ano 1962; mantivérono inhabilitado como practicante ata 1963, ano no que entra a traballar na Compañía Transatlántica.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.