Nacemento:
Morte:
Labrego, 22 anos. Irmán de Luis Folla Arias.
Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.
Cando comeza a guerra civil traballaba na sega en Castela co seu irmán Luis. Estivo na fronte republicana co seu irmán, a quen feriron en combate e hospitalizaron.
Ao rematar o conflito nacional pasou a Francia, onde o colle a invasión nazi e aprésano os alemáns.
Preso dos nazis no campo de Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña). Deportárono e chegou o día 25/01/1941 ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria) e, o 29/03/1941, ao sub-campo de Gusen, onde se rexistra a súa morte. Segundo o informe oficial do campo finou por mor un efisema pulmonar e queimárono tres días despois. Segundo unha testemuña do mesmo capo, Benedicto guindouse contra a aramada electrificada.
Nalgunhas fontes o primeiro apelido amósase como Folia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.