← Volver atrás

Gil Casares, Felipe

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 16/10/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 03/08/1953 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 48 anos. Casou con Carmen Pérez Esteso; tiveron catro fillos e dúas fillas: Antonio, Rafael, José-María, María de la Asunción, Miguel e María del Carmen. Veciños de Santiago de Compostela. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1898, onde foi catedrático de Dereito Civil e de Dereito Romano.

Despois do golpe militar de Miguel Primo de Rivera Orbaneja a Felipe nomeárono alcalde da súa cidade de 1923 a 1924; tamén desenvolveu este cargo de novembro de 1930 a abril de 1931.

Logo da instauración da II República afiliouse a Acción Popular (AP), que remataría integrada na Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA); nas filas desta sería deputado nacional nas eleccións de 1933 e de 1936.

Colaboracionista.

Cando se produce a revolta militar presentouse diante do comandante militar da súa cidade, José Bermúdez de Castro Feijoo, con 30 mozos armados das Xuventudes de Acción Popular (XAP) para ofrecer os seus servizos aos rebeldes.

Desenvolveuse como reitor da USC (1936-1939) e buscou o apoio internacional para os golpistas en varios foros.

Desde novembro de 1938 exerceu de maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha