Nacemento:
Morte:
Tiña 13 anos. Era o pequena dunha familia de nove irmáns, entre eles Manuel Girón Bazán, Girón, e José Girón Bazán, a quen feriran en setembro de 1937 na fronte asturiana, evacuárano a Francia e internárono nun campo de concentración nazi.
Sancionado. Fuxido. Morte en enfrontamento.
Os seus irmáns maiores José e Manuel crearon no monte a “fronte dos Girones”, motivo polo que sofre represalias toda a familia. Á súa nai, ás súas tres irmás e a el mesmo, que era o pequeno, torturáronos os represores e desterráronos durante varios anos.
Despois de desertar do servizo militar en Valladolid, Jesús incorporouse ás guerrillas antifranquista a finais de xullo de 1945 para fuxir de tanto acoso.
Demetrio García Álvarez, Pedro, fuxido no monte desde 1937, creou un grupo guerrilleiro na Raia Seca galaico-portuguesa a comezos de 1945, polas zonas de Verín e Chaves, onde tiña como lugartenente a Juan García Salgado, tamén labrego, de Casás dos Montes, Oímbra (Ourense). Tamén estivo con el Jesús Girón Bazán e moitos portugueses.
Jesús morreu o día 11/12/1946 no Hospital de Ourense como consecuencia dunha ferida mortal recibida no decorrer do asalto a un coche de liña da empresa Perille o día 09/12/1946, no camiño de Aranes. No enfrontamento morrera un pasaxeiro. Os outros oito guerrilleiros que interviron no operativo fuxiron a Cambedo da Raia, Chaves (Portugal).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.