← Volver atrás

González López, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Augarrío, San Martiño de Dorneda, Oleiros
(A Coruña)
- 17/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 24 anos. Solteiro. Fillo de Antonio González Doldán, encarcerado, e de Carmen López Corgo. Veciños da rúa da Torre, 136, na Coruña. Irmán do deputado republicano Emilio González López, exiliado, e de Fernando González López, desaparecido en 1940. Facía o servizo militar pola súa quinta na Armada no canoneiro Eduardo Dato, destacado en Alxeciras (Cádiz).

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS).

Paseado.

Nos primeiros intres do movemento golpista participou na defensa do Goberno Civil da Coruña.

Prendérono e sacárono da cadea para pasealo.

Morte rexistrada a causa de choque traumático.

O seu cadáver apareceu en Augarrío.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Dorneda.

A súa moza estaba en estado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha