Nacemento:
Morte:
Tiña 15 anos. Fillo de Antonio González Doldán, encarcerado, e de Carmen López Corgo. Veciños da rúa da Torre, 136, na Coruña. Irmán do deputado republicano Emilio González López, exiliado, e de Antonio González López, paseado.
Pertencía ás Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) da Coruña que dirixían os seus veciños os Irmáns da Lejía.
Desaparecido.
Despois do golpe militar rebelde prendérono e internárono preso na praza de touros coruñesa nas mans dos falanxistas. O capitán da Garda Civil, amigo do seu irmán Emilio, Rodrigo Santos Otero liberouno de que lle deran o paseo e deixouna baixo a súa custodia; grazas a este garda civil Fernando consegue documentación, foxe en barco a Francia e, do país galo, pasou á zona republicana de Madrid. Na capital viviu na casa do seu irmán Emilio e incorporouse ás Milicas Galegas e ao Quinto Rexemento.
Ferírono na batalla da fronte de Jarama en febreiro de 1937 e internárono no Hospital de Sangre de Novelda (Alacante).
Despois do remate da guerra española pasou a Francia e, na primavera de 1939, marchou cara o exilio americano..
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.