Nacemento:
Morte:
Avogado, escritor e político, 44 anos. Veciño de Toledo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). En 1919 trasladouse a Vigo (Pontevedra) por motivos profesionais.
Redactor de Voz del Pueblo e colaborador de La Campana.
En 1919 participou na II Asamblea Nacionalista e en 1922 era presidente do Centro Republicano de Santiago de Compostela (A Coruña) e concelleiro nesta cidade. Xa como militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) participou no Pacto de Lestrobe. O 14 de abril de 1931 proclamou a II República en Vigo e presidiu a xunta directiva viguesa da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) en xullo dese ano.
A súa amizade con Santiago Casares Quiroga reportoulle diferentes altos cargos na Administración. De decembro de 1931 ata xuño de 1932 foi gobernador civil de Huesca. De xuño de 1932 a setembro de 1933 sería gobernador civil de Córdoba, onde fixo fronte á Sanjurjada. Xa integrado en Esquerda Republicana (ER) nomeárono gobernador civil de Albacete de marzo a xuño de 1936. O día 14/06/1936 destinárono para desenvolver ese mesmo cargo en Toledo, onde tivo enfrontamentos cos socialistas por mor dos asuntos agrarios.
Colaboracionista?.
Cando a revolta militar de xullo de 1936 achábase en Toledo. Aparentou que os militares rebeldes internárono como refén no Alcazar de Toledo; co tempo comprobouse que entrara de xeito voluntario. O entón coronel José Moscardó Ituarte manifestou que González López implicárase na conspiración golpista e, ese mesmo coronel, asinoulle un certificado de lealdade á causa rebelde.
Xa instalado na Coruña desde 1940 actuou como defensor en varias causas contra autoridades republicanas. Durante a ditadura franquista desenvolveuse como avogado na cidade herculina.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.