← Volver atrás

Lavandeira Pérez, Jesús

Alcume: o Ladrillo, Dapena
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Vilariño, Vilasantar
(A Coruña)
- 06/04/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Betanzos
(A Coruña)
- 05/01/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 30 anos. Casado con Julia Louriño García; tiveron tres fillos. Xardineiro municipal en Betanzos, onde vivía desde os primeiros anos da II República.

Cadro destacado da CNT de Betanzos en anos anteriores a 1936, da que chegou a ser secretario. Militante do grupo Plantas Nuevas da Federación Anarquista Ibérica (FAI).

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado foxe ao monte e forma parte dun grupo de guerrilleiros da CNT onde, en 1937, figura xa Benigno Andrade García, Foucellas, e que desenvolvían a súa estratexia en Curtis e en Mesía, na provincia da Coruña.

Despois da disolución deste grupo, intégrase no Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, tamén da CNT, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de atraco na causa 300/45.

Morto Neira, non quere entrar no grupo de Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, cando xa era patente o control do PCE. Mantívose agochado e inactivo ata agosto de 1946, illado do groso da guerrilla.

Arrestado en San Pedro de Porzomillos, Oza-Cesuras (A Coruña) en agosto de 1946.

Xulgado en consello de guerra na Coruña, o día 19/09/1946, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 20 anos de cadea.

Internárono na Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria).

Deixárono en liberdade provisoria no ano 1953.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.