Nacemento:
Morte:
Traballo na casa, 28 anos. Veciña de Pontevedra. Casada co fuxido Juan-Manuel Gómez Corbacho, morto en enfrontamento o día 12/12/1936; tiveron dúas fillas: Manuela e Pilar. Emigrada de moza na República Arxentina coa súa nai; nunha viaxe á terra nai coñeceu a Corbacho e xa non volveu emigrar.
Executada.
Participou na resistencia contra os sublevados, seguindo as ordes do Goberno Civil de Pontevedra ata a súa rendición o 20 de xullo. Despois fuxiu e agochouse.
Ao fuxido Juan-Manuel Gómez Corbacho localizárono na Torre e organizouse unha batida que dirixía o xefe da Garda Cívica de Pontevedra, Víctor Lis Quibén, con 20 gardas cívicos e catro gardas civís que comandaba o cabo Jesús Barja Vázquez. Os represores achegáronse a Salcedo e dirixíronse á casa de Ramón Acuña Iglesias, empregado de tranvías; alí tamén atoparon á súa irmá Consuelo Acuña Iglesias e a moza de Gómez Corbacho, Elvira Lodeiro González. Prendéronos os fascistas o día 12/12/1936.
Despois de “hábiles” interrogatorios souberon que González Corbacho e o home de Manuela Acuña Iglesias, Manuel Méndez Montes, agochábanse nunha chabola preto da casa. Prendéronlle lume á dita chabola e, ao tentar fuxir, Juan-Manuel morreu no tiroteo; Méndez Montes finou queimado dentro da caseta.
A Ramón, a Consuelo e a Elvira prendéronos.
Xulgados en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra, o día 13/12/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
A Ramón e a Consuelo fusilounos na Avenida Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra (Pontevedra), ás 04:00 h do día 14 de decembro, un piquete da Garda Cívica ao mando de Víctor Lis Quibén.
Elvira, que dicía estar en cinta, rematou fusilada o sábado 19 de decembro, despois de que as probas médicas descartaran o estado de embarazo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.