← Volver atrás

López Casanova, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

O Piricallo, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos
(Lugo)
- 20/04/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casado con Petra Centeno Baños, encarcerada. Veciños de Montecelo, Chavaga. Pai de José-Maximiliano López Centeno, fusilado, e de María-Luisa López Centeno e Oliva López Centeno, encarceradas. Irmán de María López Casanova, tamén executada con el.

Executado.

Sogro de Carmen Rodríguez Nogueira, viúva do seu fillo José-Maximiliano. Carmen foi quen de converter a familia do seu home en enlaces e casa de apoio da guerrilla antifranquista desde setembro do ano 1947.

Nun enfrontamento cun grupo de fuxidos en Repil e O Piricallo, en Chavaga, o día 20/04/1949, interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada (León) e de Monforte de Lemos (Lugo).

Guillermo Morán García, Asturiano; Julián Acebo Alberca, Guardiña, e Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finou, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto. A Ramón López Casanova e a María López Casanova, que actuaban como enlaces e eran os donos da casa, executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, ferido, foi quen de fuxir con Samuel Mayo Méndez. A María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.

A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha