Nacemento:
Morte:
Tiña 21 anos. Irmán de Carmen Martínez Rodríguez, denigrada pola Garda Civil. Á súa nai desterrárona a León.
Fuxido. Paseado.
Despois do triunfo da sublevación militar ocultouse no monte desde os primeiros días.
Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.
Logrou escapar dunha batida da Garda Civil en Sanguiñedo, San Fiz de Monfero, Monfero (A Coruña), en setembro de 1940, na que caeron os seus compañeiros Rodrigo Lourido Cortizas, Eduardo Prieto Alvariño e Ramiro Paz Romeu.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) na causa 329/42 por atraco a man armada.
Detido o día 30/05/1942, pola delación dun infiltrado da Garda Civil, nuns montes preto da súa casa; levárono ao cuartel das Neves, A Capela (A Coruña) onde o torturaron e, logo, rematárono nunha camposa no alto da serra.
O seu cadáver apareceu no Carballón, en Cabanas, e soterrárono no cemiterio de Soaserra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.