Nacemento:
Morte:
Empregado, sindicalista e político, 32 anos. Casou en 1931 coa veciña de Corcubión (A Coruña), Mercedes Romero Abella, mestra na escola do barrio de Monelos, na Coruña, a quen pasearon o día 19/11/1936 en Aranga (A Coruña), asasinada polo delito de ter acompañado ao seu home, suponse, á Ponte do Porto para visitar aos sindicalistas e entregarlles catro revólveres. Tiñan unha filla e un fillo: María-Luisa (catro anos) e Enrique (tres anos). Veciños da rúa Muíños, 29-2º, na Coruña. Militar en situación de retirado. Empregado do Banco Pastor.
Presidente do Sindicato de Banca, vencellado á UXT; case que todos os empregados do Banco Pastor afiliáranse a este sindicato. Dirixente da Agrupación Socialista (AS) da Coruña. Francisco dirixía con Ramón Maseda Reinante a Federación Local da UXT da Coruña, con menos militantes que a CNT, e da Federación Rexional de Traballadores de Banca.
Pertenceu ao Comité Revolucionario da Coruña na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, polo que o castigaron a seis anos de cárcere e amnistiárono despois do triunfo da Fronte Popular (FP).
Executado.
A primeiras horas da noite do 17 de xullo chegaban ao Goberno Civil as primeiras novas da sublevación.
Francisco Pérez Carballo, gobernador civil, recibía instrucións para convocar aos líderes políticos e sindicais para facer unha fronte común para defender a legalidade política, referendada nas urnas en febreiro e organizou o chamado Comité de Defensa da República, igual que o formado de todas as cidades e pobos de España.
O da Coruña formábao o gobernador e: Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local do PSOE; José García García, Pepín da Lixivia, polas XSU; José Moreno Torres, secretario xeral da Confederación Rexional Galaica (CRG); Francisco Mazariegos Martínez, da UXT; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde e representante de UR; Eladio Muíños Díaz, da CNT; Jacinto Méndez Esporín, da FAI; Manuel Fernández Fernández, do Partido Sindicalista; Nicolás Torres Ferro, polo PCE; Plácido-Ramón Castro del Río, polo PG; Joaquín-Manuel Guzmán García, por IR e Luis Vidal Ojén, polas Xuventudes de ER. Todo co obxectivo de enfrontarse á rebelión militar que se agardaba estoupase en calquera momento na cidade. Armar os obreiros, formar patrullas para vixiar a evolución dos movementos nos cuarteis, controlar as comunicacións e aos individuos extremistas de ideoloxía fascista, requisar as armas aos das dereitas, controlar as rúas para manter a orde e facer quendas de vixilancia no Goberno Civil.
Detivérono o seguinte día 20 e ingresárono na Prisión Provincial da Coruña; mantivérono incomunicado.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña os días 26 e 27 de agosto de 1936 polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 207/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante, Francisco Mazariegos Martínez, Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín e Manuel Vázquez González; castigaron a cadea perpetua a: José-María Eirís Carro, Enrique Rosende Calvo e Leovigildo Taboada Alvarellos; declararon fuxidos a: Martín Ferreiro Álvarez, José Moreno Torres e Marcelino Pan Insua.
Aos condenados a morte fusiláronos no Campo da Rata, na Coruña, o día 31 de agosto, ás 06:00h.
Manifestou diante do xuíz que o día 20 de xullo acudira ao Goberno Civil, con outros compañeiros, para solucionar un problema dos traballos de carga no porto; ao sentir o tiroteo acubillouse na parte baixa do pazo gobernativo, onde o arrestaron forzas de Infantería.
Soterrárono o día 31 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Prego Campos.
Á súa dona Mercedes, cando estaba a piques de fuxir despois do fusilamento de Francisco, prendérona os falanxistas e as forzas da orde e o seu cadáver atopárono nunha cuneta nos arredores da Coruña. O seu corpo apareceu mutilado e violárana.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.