← Volver atrás

Monteserín, Manuel

Alcume: Gerardo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Principado de Asturias

Morte:

San Pedro de Correxais, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 06/08/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fuxido. Morte en enfrontamento.

O día 16/05/1940 formou parte dun grupo de 16 fuxidos, entre os que se atopaban os irmáns Arcadio Ríos Rodríguez e César Ríos Rodríguez e os tamén irmáns Guillermo Morán García e Mario Moran García, que cruzaron a fronteira portuguesa. Despois de non atopar saídas nin acougo no país veciño, decidiron volver cara a zona de León.

Arturo López Delgado, Arturín, volveu de Portugal no ano 1941 e instalouse en Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense), con Domingo Rodríguez Rodríguez, Inca; Mario Morán García; Manuel Monteserín, Gerardo, e Arcadio Ríos Rodríguez.

Na data do 06/08/1942 morren nun enfrontamento coa Garda Civil en San Pedro de Correxais: Ildefonso Fernández Seoane, Cuñeira, Arturo López Delgado, Arturín; Ovidio González Vázquez, o Pollón, e Manuel Monteserín, Gerardo.

Ao grupo denunciouno un labrego, que os aprovisionara de viño; despois de comer e beber, os guerrilleiros durmían e sorprendéronos as forzas represoras. Roberto López Rodríguez, Pajarito, logrou fuxir con vida da refrega.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha