Nacemento:
Morte:
Médico e político, 44 anos. Casou con María Fidelman Brodsky (Holanda); tiveron tres fillos: Miguel, Rómulo e Juan. En 1912 doutorouse en Medicina en Alemaña. Cos problemas que carrexou a Primeira Guerra Mundial, regresou a España en 1915. Desenvolveu a cátedra de Fisioloxía na Universidade Central de Madrid.
Ingresou no PSOE en 1929 da man de Indalecio Prieto Tuero, na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. En 1931 era deputado por Las Palmas, escano que mantivo ata 1934. Non sentía ningún interese polas teorías marxistas, era un socialista moderado. Durante o "Bienio social-azañista" só desempeñou cargos parlamentarios.
Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, investigárono pola súa posible participación; a causa rematou sobresida.
Seguiu exercendo a vicepresidencia do grupo socialista na cámara, con funcións de presidente, pois a Francisco Largo Caballero prendérano.
Exiliado.
Nomeado ministro de Facenda no primeiro Goberno de Largo Caballero do día 04/09/1936, polo PSOE e dentro da ala "prietista". Supervisou que as reservas de ouro do Banco de España as depositaran en Moscova e Francia e con elas aboaríanse os gastos de guerra e a compra de armamento a varios países. En moitos casos pagáronse altos custos e por material de chatarra, pero moitos países non querían vender armas aos republicanos; a situación de guerra impuxo estas tomas de decisión. Países como Francia ou Gran Bretaña non lles vendían armas, mentres que Italia ou Alemaña regalábanllas aos golpistas.
Na primavera de 1937 ao executivo de Francisco Largo Caballero acusábano de ineficacia. Diante da presión dos prietistas, o presidente da República, Manuel Azaña Díaz, logo da dimisión de Largo Caballero o día 17/05/1937, nomeouno a el para a formación dun novo gabinete, no que se atopou co apoio de Indalecio Prieto Tuero, quen sería ministro de Defensa Nacional, e coa animadversión de Julián Besteiro Fernández, contrario ao conflito e que andaba na procura de vías que conduciran á paz. Desde a sede do Goberno en Valencia propugnou, desde o primeiro momento, o restablecemento da orde constitucional e o sometemento á lei; disolveu as checas e prohibiu os paseos, restableceu a liberdade relixiosa.
Neste novo executivo de Juan Negrín, José Giral Pereira, ex-presidente, acadou a carteira de Estado e Ramón González Peña ministro de Xustiza. Giral viaxou con Negrín a Francia para acadar do Goberno francés que puxera fin á política de non intervención, pero fracasaron.
En outubro de 1937 o executivo trasladouse a Barcelona. En maio de 1938 fixo unha remodelación gobernamental e asumiu a carteira de Defensa, que ocupaba Indalecio Prieto. Un dos primeiros actos desta reorganización de certa importancia sería a publicación dos chamados "Trece puntos de Negrín" cos que pretendía chegar a un principio de acordo co bando franquista. A súa oferta rechazouna o propio Francisco Franco Bahamonde, quen pedía unha rendición incondicional.
Cando levaba un ano no poder, as esperanzas republicanas mudaran radicalmente; despois dun rosario de fracasos nas frontes de batalla, as posibilidades eran mínimas. O día 21/09/1938 ordenou a retirada das Brigadas Internacionais, na agarda dunha acción recíproca dos voluntarios italianos da zona nacional. A súa intención era vencellar a guerra española co desenvolvemento da Segunda Guerra Mundial, que no seu pensar era inminente; os apoios exteriores cada vez decaían máis.
Cando se achegaba o fin da guerra negociou con Francia que as reservas de ouro das que alí se dispoñía, se puideran destinar á compra de buques de transporte diante dunha posible evacuación de refuxiados españois cara América. Francia negouse escusándose no Pacto de no Intervención a pesares do fin humanitario perseguido.
O día 01/02/1939, nas Cortes de Figueres (Xirona), propuxo a rendición co obxectivo único de conseguir do bando sublevado que respectaran as vidas dos perdedores e os deputados volveron darlle a súa confianza. A evacuación de Cataluña realizouse con relativo éxito; o mesmo tentou coa zona centro, pero o golpe de Estado do coronel Segismundo Casado López, que contou co apoio de Julián Besteiro Fernández, renderon a zona centro aos sublevados. A varios miles de soldados republicanos prendéronos e sufriron unha represión brutal.
A navieira Mid-Atlantic, coa que Negrín tiña contratados miles de pasaxes para a evacuación, informou a Franco e incumpriu o compromiso que adquirira cando os rebeldes non lles garantiron a seguridade, pois tiñan a orde de bloquear calquera evacuación.
Nos derradeiros días, en 1939, fixo provisión de bens e incautacións de riquezas para a organización do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) e coa fin de fretar barcos para evacuacións de republicanos. Indalecio Prieto Tuero fíxose con eses fondos, manifestándose máis a favor de destinalos a axuda directa aos refuxiados a través da Xunta de Auxilio aos Republicanos Españois (XARE).
Ao remate da guerra, logo de ser expropiado dos seus bens, da imposición dunha multa de 100 millóns de pesetas e de ser condenado a 30 anos de cadea por comunista e masón (non era ningunha das dúas cousas), exiliouse en París e en Londres, manténdose como xefe do Goberno da República no exilio ata 1945.
Trasladouse a México en 1945 e as súas discrepancias con Indalecio Prieto e Diego Martínez Barrio, provocaron a súa dimisión e, con outros, a súa expulsión do PSOE.
Defendeu a aplicación do Plan Marshall en España, non para a axuda do Réxime senón en beneficio dun pobo necesitado. Opinaba que a reconstrución económica europea levaría a unha unión económica de Europa e eso suporía o regreso da democracia a España.
Regresou a Francia e morreu en París.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.