← Volver atrás

Nicolás Esperante, Miguel

Alcume: Miguel dos Corcheiros
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Salvador de Taragoña, Rianxo
(A Coruña)
- 29/03/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Miguel de Siador, Silleda
(Pontevedra)
- 09/04/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 21 anos. Solteiro. Traballou na fábrica de cortiza que os seus posuían en San Cibrao de Chapa, Silleda (Pontevedra).

Ingresou no PCE en xaneiro de 1935 no Radio 14 e repartíu Mundo Obreiro. Irmán de Laura Nicolás Esperante, quen casou con Eugenio Rueda Perosanz, quen o acompañou no seu grupo de fuxidos.

Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Detido na Bandeira, San Tirso de Manduas, Silleda, o día 21/07/1936, con outros membros da Fronte Popular (FP).

Pasou cinco meses preso nos baixos do concello de Silleda, logo andou pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) e por varios batallóns de traballadores en León, Ourense e Miranda de Ebro (Burgos); liberárono a principios dos anos corenta.

Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Volveu a Bandeira onde os fascistas e a Garda Civil facíanlle a vida imposible, deténdoo constantemente e dándolle malleiras.

Farto de abusos e torturas decidiu fuxir, "A min non me mallan máis". Creou o grupo os Corcheiros, no que se integrou o seu cuñado Eugenio Rueda Perosanz, home da súa irmá Laura. Os Corcheiros eran un grupo volante da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Pontevedra na causa 297/42 polo delito de auxilio á rebelión.

Actuou con grupos guerrilleiros da zona de Vigo (Pontevedra) e no ano 1946 pertencía ao Batallón Paco Barreiro na zona de Vigo.

Ao remate de 1947 creouse a V Agrupación do EGG, que fundou Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge, integrando a Benigno Andrade García, Foucellas, como xefe da agrupación guerrilleira que actuaba no norte da provincia de Pontevedra. Nos primeiros meses de 1948, Foucellas decidiu dividir o grupo en dúas partidas, unha que comandaba por Vicente López Novo, Rufino, e outra por Miguel Nicolás, da que formaban parte Florentino Menéndez Palacio, Tino, Asturiano, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón.

A partida de Benigno Andrade García axustiza ao falanxista Jesús Cuñarro Mosteiro na súa taberna de Santiago de Cercio, Lalín (Pontevedra) o día 10/02/1948; acusábano de ter paseado xente das esquerdas durante o Movimiento. Interveñen na acción Foucellas, Florentino Menéndez Palacio, José Remuiñán Barreiro, Julio Bazarra Constenla, Vicente López Novo, Miguel Nicolás Esperante e Eugenio Rueda Perosanz.

As ordes de Antonio Seoane eran dar golpes cada vez máis soados, coa intención de chamar a atención e desviar a presión sobre a guerrilla cara outros puntos de Galicia. Seguindo estas ordes os Corcheiros tiñan a intención de executar ao falanxista Benito Rivas Fondevila, de Siador.

O día 09/04/1948, no asalto á casa de Benito Rivas, a Miguel malferírono os disparos da escopeta de Benito. A autopsia revela que o cadáver presentaba máis de cinco feridas de arma curta, máis feridas das que podería causarlle Rivas. Segundo unha fonte oral, rematárono os seus propios compañeiros.

A actuación da guerrilla antifranquista na comarca do Deza remataba, de xeito práctico, co seu pasamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.