Nacemento:
Morte:
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Despois da reorganización en agosto de 1946 da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) de Samuel Mayo Méndez en Ourense, integrouse nesta Agrupación.
Da II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.
Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.
A Máximo nomeárono, con Gumersindo Fernández Incógnito, responsable dunha partida, que operaba no noroeste de Ourense, dentro do Destacamento Santiago Carrillo que dirixía José-María Saavedra Díaz, Pepe, con Raúl Castro Cao e actuaban no Val do Miño. A sede principal achábase na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na Serra de San Mamede.
Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.
O día 24/11/1948 a Garda Civil iniciou unha batida polas covas das beiras do Miño, ao nordeste de Ourense; na mañá do día 25 chegaron ao monte Chelo, a uns quilómetros de Coles. Unha cova da zona vixiábana dous homes; abriron fogo e mataron a Máximo Nóvoa Barreiros, mentres José Pallarés Taboada puido retirarse ao interior da gruta, onde se atopaba tamén Raúl Castro Cao, xefe do destacamento. Aquilo era unha rateira cunha soa saída; saíron tirando bombas de man, Raúl conseguiu escapar e Pallarés morreu no intento.
O Tribunal Militar Territorial de Ourense incoou a causa 586/48 por estas dúas mortes.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.