← Volver atrás

Pintado Pérez, Francisco

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Granada
- 28/01/1992 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico, 20 anos. Orfo de pai aos 12 anos. De novo traballou no campo en Allariz (Ourense).

Militante da CNT.

Fuxido.

No momento do golpe militar estaba en Cataluña e incorporouse á Columna Durruti republicana. Despois regresou a Galicia.

Pertenceu, de xeito temporal, ao grupo do seu curmán Manuel Prado Pereira, Lolito. Actuaban na zona de Gondomar (Pontevedra) e Lugo; mantiveron contacto con Benigno Andrade García, Foucellas, e co grupo de José Neira Fernández, o Neira.

Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Escapou dunha redada das forzas represoras franquistas e embarcou cara os Estados Unidos. Traballou de mariño na liña Nova York-Cuba-Málaga e adicouse ao contrabando de armas que lles achegaba aos resistentes antifranquistas malagueños.

Co paso do tempo instalouse en Fontana, California (Estados Unidos).

Despois da morte de Francisco Franco Bahamonde instalouse en Almería.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.