Nacemento:
Morte:
Labrego, 35 anos. Solteiro. Veciño de San Martiño de Pino.
Encarcerado.
Prendérono os franquistas e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 24/10/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1025/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio. Proceso contra varios veciños de Cospeito.
Neste proceso ditouse auto se sobresemento para: Antonio Dorado Salgado, Eliseo Fernández Freire, Manuel García Ansede, Narciso Garrido Lodeiro, Manuel Rábade Rodríguez, Eulogio Rodríguez Sánchez, Manuel Vázquez Peláez, David Veiga Martínez e Eulogio Veiga Novo. A sentenza declarou fuxidos a José-María Cabana Puente e a Ángel-L. Romero Vázquez.
Puxérono en liberdade o día 04/02/1937.
Na década dos corenta participou na resistencia antifranquista.
Ábreselle un expediente por responsabilidades políticas, no ano 1941, co resultado de sobresemento en 1944.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 18/07/1946, na causa 75/46, polo delito de rebelión militar.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.
Detivérono outra vez e acusárono de manter contactos co PCE e con partidas de guerrilleiros.
Xulgado en consello de guerra en Lugo, o día 06/02/1948, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a prisión temporal.
Neste consello de guerra xulgaron, entre outras persoas, a: Pedro Rodríguez Gómez, Manuel Rábade Rodríguez, labrego; Maximino Rodríguez Pérez, labrego, e José Santiago Temprano, carpinteiro.
Interno na Prisión Central de Burgos, puxérono en liberdade condicional en xuño de 1949.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.