← Volver atrás

Rodríguez Costas, Gumersindo

Alcume: Santiaguiño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Tui
(Pontevedra)

Morte:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 11/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro e sindicalista. Veciño de Tui. Industrial panadeiro.

Líder da CNT de Tui e presidente da Federación Local da CNT, cuns 500 afiliados na zona.

Paseado.

Cando as tropas fascistas entraron en Tui os compañeiros de Gumersindo tiñan unha lancha preparada en Baiona (Pontevedra) para fuxir; Gumersindo decidiu quedar. Escapou cara o monte Aloia.

Fusilárono os golpistas o día 27/07/1936 no Monte Aloia, na Serra do Galiñeiro, Tui, con outros republicanos e guindárono nunha fosa común.

Ferido dunha bala na cabeza, o cura Don Basilio, vendo que non morrera, mandou que o levaran ao Hospital Provincial de Pontevedra.

Quedou cego e, cando se recuperaba, semella que o envelenaron e morreu días despois, o 11 de agosto.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha