Nacemento:
Morte:
Zoqueiro, 20 anos. Casou con Josefa Regos del Río. Tocou o clarinete na banda de música de Ordes.
Militante do PCE.
Fuxido. Encarcerado.
Detido pola Brigada de Investigación e Vixilancia da Garda Civil, o día 04/05/1946, acusado de simpatizante comunista e de escoitar Radio Moscova.
Deixárono en liberdade tres días despois e únese á guerrilla antifranquista.
Participou con Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre; Claudio Díaz Milia; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito, e José Santiago Temprano, Henares, Hornaca, na sanción económica de 30.000 pesetas imposta ao alcalde franquista de Cerceda (A Coruña).
Pertencía ao Destacamento Santiago Álvarez.
Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.
O día 26/06/1946 resultou ileso nun tiroteo coa Garda Civil na Chousa de Urzal, Cestaños, Santa Mariña de Parada, Ordes. No enfrontamento morreu Antonio Recouso Boquete e con feridas José Blanco Núñez, José Santiago Temprano e Enrique Ferreirós Candamo. O ataque debeuse a unha delación do infiltrado Claudio Díaz Milia.
Deixou a guerrilla o día 09/07/1946 e marchou á súa casa, onde permaneceu un ano.
Detivérono na Coruña o 19 de xullo de 1947.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña o día 04/11/1948 polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 400/47, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
O tribunal militar condenou, neste caso, á pena de morte a José Santiago Temprano; pena de cadea perpetua para Pedro Rodríguez Gómez; tres anos de prisión para Teresa Pastoriza Moreira; castigaron a 6 meses e un día a Carmen Vieito Baña. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: José Candal Bouzas, Manuel Castro Sanjurjo, Carmen Pan Rioboo e Ramón Ponte Pedreira.
Pasou 12 anos na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional no mes de xaneiro de 1959.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.