← Volver atrás

Rodríguez Paz, Eduardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 40 anos. Veciño de Pontedeume.

Concelleiro de Pontedeume no ano 1936. Vencellado á UXT de Pontedeume cos concelleiros do PSOE, Luis Nodar Castro e Eduardo Fonte Amigo, co funcionario do Concello, Ramón Agras Fernández, executado na Capela en agosto de 1936, e con Anselmo Vázquez Rodríguez.

Despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, o delegado do Goberno Civil, Celestino Sardiña Navarro, designou a nova Corporación de Pontedeume con concelleiros de Esquerda Republicana (ER) e do PSOE. Por este último partido estaban o alcalde, López Seijo e Luis Nodar, Eduardo Fonte Amigo e el mesmo.

A nova corporación destituíu a varios funcionarios municipais por estaren implicados na desaparición de documentación oficial, eran: o secretario, Ramón Álvarez Placer; o oficial da secretaría, Indalecio Cabana Carrillo; o depositario de fondos, Pío Rosado Fajardo; o recadador de arbitrios, Ramón Fernández Lamas e os gardas municipais Nicolás Villar Martínez, Jesús Cuíña Placer e Antonio Couso Sierto.

Esta mesma corporación apoiou o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG), a incautación dos cemiterios, a creación dunha biblioteca municipal, obras de urbanización e construción dun mercado municipal. Luis Nodar acompañou ao alcalde a Madrid para solicitar máis recursos para o concello a primeiros de xullo de 1936, cando se produce o atentado contra José Calvo Sotelo; este suceso sería aducido no seu xuízo de maio de 1937 polas testemuñas, que dicían que Nodar se mofara deste suceso.

Procesado.

Fixo fronte no edificio do concello ao levantamento militar e cando se renderon, detivérono e retivérono no cárcere local tres ou catro días; logo puxérono en liberdade sen xuízo.

Abríronlle dilixencias previas no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 331/44.

Manifestou que coñecía a Ramiro Martínez López, Zapateiro, a un tal Anselmo e a un tal Juan Ares, cos que indicou que non mantiña relación de ningún tipo e tamén dixo coñecer a Arturo Cortizas co que só tiña trato de veciño.

A primeiros de 1947 era secretario de organización do PCE en Pontedeume, polo que o prenderon.

Xulgado nun consello de guerra sumarísimo no salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña o día 30/07/1947 polo delito de rebelión, xunto con outras 55 persoas detidas entre finais de 1946 e primeiros de 1947, na causa 36/47, acusados de pertencer ao PCE, de relación coa guerrilla e de dirixir os actos deste brazo armado, de organización política ilegal e de reparto de propaganda subversiva.

No sinalado xuízo condenaron a cadea perpetua a: Alejandro Gama Casalderrey e Ramón Seoane Suárez; pena de 15 anos de cadea para José Pol Loriga; condenaron tamén a prisión dun ano a Timoteo Blanco Abal; castigaron á cadea a Rogelio González Suárez. Procesaron tamén, entre outras persoas, a: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Carlos Allegue Caruncho, Juan Añón Santos, Darío Caramés Bermúdez, Ángel Chamorro Castro, Benigno Fraga Pita, Agustín González Aneiros, David Lázaro Fernández, Ángel Leira Piñeiro, Juan López Iglesias, Manuel Martínez Martínez, José Méndez Méndez, Antonio Naya Regueira, José Otero González, Severino Pan Cupeiro, Francisco-Andrés Pol Loriga, Eduardo Rodríguez Paz, Antonio Vidal Vilas e Emilio Villar Villar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.