← Volver atrás

Romero Alonso, Felipe

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda civil, 31 anos. Capitán da Benemérita destinado na Comandancia de León en 1936.

Represor.

Participou, cando aínda era tenente na “pacificación” rebelde da provincia de León.

Miguel Cuellas Gómez, Artillero era o responsable de que o seu grupo estivera agochado en Columbrianos, Ponferrada (León), na casa de Catalina Martínez Núñez, en contra das ordes superiores, pois sospeitábase que ese domicilio xa o tiñan controlado as forzas represoras.

Despois da delación da confidente e antiga enlace guerrilleira Evangelina Álvarez Álvarez ao capitán da 4ª Compañía da 108ª Comandancia da Garda Civil, Felipe Romero Alonso, un numeroso grupo de gardas civís e membros do Exército rexistraron a casa o día 05/06/1945.

Os guerrilleiros agochábanse nun falso teito da cociña da casa duns 50 cm de alto; descuberto o agocho metralláronos ata a morte, sen que puideran defenderse e morreron os tres fuxidos: Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Robustiano Arias Carujo, Felipe, e Manuel Moreno Casado, Pucherillo, Andaluz. Á dona da casa, Catalina Martínez Núñez, cribárona a tiros na habitación contigua e ao seu sobriño, Pedro García Tirado, responsable de ter construído o agocho e que estaba fóra do domicilio, conducírono e asasinárono ao carón da súa tía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha