← Volver atrás

Sánchez Triñanes, José-Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 29 anos. Veciño da Coruña.

Militante da CNT e membro do Sindicato do Ramo da Auga na Coruña.

Vicesecretario do Club do Mar de San Amaro, na Coruña, en xuño de 1936.

Fuxido.

Foxe nos vapores Rita Esperanza e Lourdes, que fuxiron a Francia desde Cariño (A Coruña).

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión (causa contra a tripulación do Rita Esperanza e Lourdes) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Desta fuga declararon fuxidos e en rebeldía a: Andrés Aneiros Sardiña, José-Manuel Castro Cartelle, Bernardo Cores Soto, Alfredo Costas Álvarez, Pedro Díaz Porto, Fernando García Aguiar, Santiago García Cándido, José Maroño Riveira; Jesús Mejuto Iglesias, Braulio Méndez Fernández, José-María Otero Mariño, Atanasio-Manuel Pereiro Agruño, José Pérez Agrelo, José Pérez Merelas, José-Francisco Sánchez Triñanes e Isolino Sieira Lobeira.

Absolveron e puxeron en liberdade a: José Álvarez Pena, mariñeiro; Manuel Area de los Santos, mecánico naval; Eduardo Fernández Andrade, mariñeiro; Manuel García Cambados, fogueiro; Francisco Martínez García, mariñeiro; Marcelino Soto Ares, mariñeiro; Manuel Vidal Aguete, fogueiro; Manuel Vidal Maneiro, mariñeiro, e Manuel Villaverde Cousillas, patrón de cabotaxe.

Residía na Rochelle (Francia) ao comezo da II Guerra Mundial.

Segundo J. Vergara participou, con outras persoas, nun intento de atentado contra Francisco Franco Bahamonde.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha