← Volver atrás

Ulloa Regueiro, Antonio

Alcume: Torallo, Ulloa
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Torallo, San Xoán de Agüeira, Becerreá
(Lugo)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Becerreá
- 24/09/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 31 anos. Solteiro. Veciño de Torallo. Irmán de Eulogio Ulloa Regueiro, encarcerado.

Vencellado ao PCE.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Prendérono o día 20/11/1936 e estivo no depósito municipal de Becerreá; fuxiu desta prisión con outras 15 persoas o día 07/12/1936. Botouse ao monte e foi o único dos 15 ao que non prenderon.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 18/01/1938 polo delito de rebelión militar, na causa 190/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Becerreá, Baralla, Cervantes e As Nogais.

Condenaron á pena de morte a: Manuel Fernández Núñez, Luis García Vázquez e Manuel Villares Gómez; tamén condenaron á mesma pena, logo conmutada pola de cadea perpetua a: Claudio Arrojo Suárez, Manuel Fernández López, Jesús-Salvador García Vázquez, José González Rivero, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José-María Maseda Alonso e Abel Valcárcel Puente.

Sentenciaron a cadea perpetua a: Isidoro Bao Poy, David Cercedo Fernández, Bautista Díaz Neira, Ricardo Doval Darriba, Adolfo-Manuel Fernández Díaz, Jesús Fernández Méndez, Camilo García González, Ricardo García Santín, Facundo González Simón, Jesús González Simón, Balbino López González, Emilio Núñez Cabana, Eliseo Rey Seijas, Amadeo Rivero Gómez e Ricardo Vázquez García.

Pena de 12 anos e un día de prisión para: José Arrojo Otero, Constantino Bendoiro Carballo, Ramiro García Rodríguez, Román González Pereira, Canuto Rey Fernández e José Santiso Pereira.

Castigos de seis anos de cadea para: José Fernández López e Manuel Fernández Sánchez de Poy.

As sentenzas de absolución beneficiaron a: Daniel Bao Ferreiro, Lucas Cabana López, Felipe Díaz García, Emilio Fernández Núñez, José-María Freijo López, Nicolás Freijo López, Triburcio-N. Gómez, Nicasio López Sanjurjo e Adolfo Pérez Mendoza.

O auto declarou fuxidos e en rebeldía a: Luis-Antonio Álvarez Pombo, Eduardo Castro Vázquez, Faustino Cela Sanmartino, Herminio Doval Núñez, Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Constantino Pereira, Antonio Ulloa Regueiro, Ricardo Varela Roibás e Casimiro Villares Quintana.

Abel Rodríguez Cabana morreu na cadea antes de que se ditara a sentenza.

Xulgado en consello de guerra en Lugo en abril de 1939 polo de auxilio á rebelión, na causa 304/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No xuízo procesaron a David Roda Herbón, ditaron auto de sobresemento para Casimiro Villares Quintana e declararon fuxido a Antonio Ulloa Regueiro.

Mantivo contactos con Abelardo Gutiérrez Alba.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de atraco a man armada, asasinato e relación con fuxidos, na causa 323/41, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Neste proceso acumuláronse varias causas. Xuízo no que se acumulan varias causas.

O tribunal condenou neste xuízo a 12 anos de cadea a Antonio Ulloa Regueiro. Tamén procesaron a: Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Gerardo Lamas Cerezales a ao seu irmán Pedro Lamas Cerezales.

Dirixiu un grupo de tres a seis fuxidos que actuaban pola comarca dos Ancares, entre Lugo e León, e no que, entre outras persoas, figuraba Manuel Fernández Núñez, Chaparrín.

Xulgárono en varias causas máis por diferentes motivos.

Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil nos montes de Becerreá, preto da súa casa natal.

Torallo contaba con moitos apoios na zona onde actuaba; algúns deles axudábano por medo e incluso, os poucos, polo interese económico que lles supoñía, ao pagarlles estadías cos cartos que procedían dos roubos.

Torallo era moi bo cos disfraces para fuxir dos represores.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco a man armada, na causa 327/43, co resultado de sentenza de sobresemento, por morte anterior, segundo resolución do 14/08/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.