← Volver atrás

Valle Cañal, Santiago

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Forna, A Cabrera
(León)

Morte:

Zamora
- 24/11/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Irmán de Domingo Valle Cañal, morto en enfrontamento.

Executado.

Despois do golpe militar estivo a vivir como unha toupa e cando cansou, dirixiuse cara Casaio para unirse ao grupo de Manuel Álvarez Arias, Bailarín, co que andou ata que chegaron un grupo de fuxidos asturianos, que querían pasar a Portugal. Santiago marchou con eles.

Xulgado no Tribunal Militar de Ourense na causa 1380/37.

Na Serra do Eixe un pastor de vacas levounos a San Miguel de Castañeda (León) e prometeulles pasalos ao país veciño. Enganounos e chamou ás forzas represoras, que arrodearon a palleira onde se acubillaban. Leváronos a Zamora, xulgáronos en consello de guerra e fusiláronos a todos; a Santiago e a outros dez.

Por mor destes asasinatos e dous anos despois, pola mediación do seu irmán Domingo, a partida de Manuel Girón Bazán, Girón, en represalia, provocou a acción de El Puente, Galende (Zamora), onde pasaron polas armas aos curas Raimundo Alonso Fernández e Tomás Rodríguez Chimeno, ao médico Heliodoro Iglesias, ao secretario do concello Gregorio Cobreros e á moza Josefa Prada Fernández, todos eles adictos ao novo réxime.

O día 28/06/1945 tres guerrilleiros leoneses axustizaron a Andrés López Román, de 45 anos, que fora o delator de Santiago Valle e os seus compañeiros.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha