Nacemento:
Morte:
Político, 40 anos. Casado con María Araujo Pérez; tiveron unha filla e dous fillos: Maruja, Antonio e Óscar. Veciños de Vigo (Pontevedra).
Militante do PSOE. Concelleiro de Vigo no ano 1931 e 2º tenente de alcalde.
Sancionado. Encarcerado. Exiliado.
Cando se produce o golpe militar foxe de Vigo dentro dun tonel ata Paredes, San Martiño de Vilaboa, á súa casa familiar, onde se agochou case que tres anos debaixo da cociña.
Cando se publica o bando de amnistía do gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos, preséntase ás autoridades con Manuel García Amoedo e sofre un expediente por responsabilidades políticas polo que o sancionaron con catro anos de inhabilitación absoluta e catro anos de desterro a máis de 100 quilómetros de Vigo. Librouse do cárcere grazas ás súas amizades.
Cumpre o desterro na Coruña, onde sería propietario dunha fábrica de peites e botóns, na rúa Biscaia.
No ano 1945, nun intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña, participaron: Manuel Cobas Rodríguez, dependente; Luis Fernández del Valle, político; Graciano Leivas Freire, mecánico; José-Mateo Mariñas Ferrero, xornalista, e Antonio Vidal Vilas, político, e outras persoas.
Detido en agosto de 1945 pola Brigada Político Social de Madrid acusado de “actividades clandestinas de tipo socialista”.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de actuacións clandestinas, na causa 321/45, co resultado de sentenza a seis meses e un día de cadea.
A Manuel Cobas Rodríguez, José-Mateo Mariñas Ferrero e Antonio Vidal Vilas castigáronos a seis meses e un día de cadea; a Luis Fernández del Valle a nove meses.
Ao saír da cadea colaborou coa organización clandestina do PCE na Coruña. No ano 1946 puxo en contacto a Alejandro Gama Casalderrey con, entre outras persoas, David Lázaro Fernández, dono dunha fábrica de produtos de zapatería chamada Siboney. A Gama Casalderrey nomeárao o PCE para reorganizar o partido na Coruña e David Lázaro facilitoulle unha tapadeira como viaxante dos seus produtos de zapatería.
Apresado con Alejandro Gama e outros 13 compañeiros a comezos de 1947.
Xulgado nun consello de guerra sumarísimo no salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña o día 30/07/1947, xunto con outras 55 persoas detidas entre finais de 1946 e primeiros de 1947, na causa 36/47, acusados de pertencer ao PCE, de relación coa guerrilla e de dirixir os actos deste brazo armado, de organización política ilegal e de reparto de propaganda subversiva.
No sinalado xuízo condenaron a cadea perpetua a: Alejandro Gama Casalderrey e Ramón Seoane Suárez; pena de 15 anos de cadea para José Pol Loriga; condenaron tamén a prisión dun ano a Timoteo Blanco Abal; castigaron á cadea a Rogelio González Suárez. Procesaron tamén, entre outras persoas, a: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Carlos Allegue Caruncho, Juan Añón Santos, Darío Caramés Bermúdez, Ángel Chamorro Castro, Benigno Fraga Pita, Agustín González Aneiros, David Lázaro Fernández, Ángel Leira Piñeiro, Juan López Iglesias, Manuel Martínez Martínez, José Méndez Méndez, Antonio Naya Regueira, José Otero González, Severino Pan Cupeiro, Francisco-Andrés Pol Loriga, Eduardo Rodríguez Paz, Antonio Vidal Vilas e Emilio Villar Villar.
Para Gama Casalderrey, González Suárez e Seoane Suárez o fiscal, Sergio Peñamaría de Llano, pedira a pena de morte.
Antonio Vidal permaneceu na cadea da Prisión Provincial da Coruña de febreiro a agosto de 1947.
Ao saír do cárcere en 1947 saíu de España e embarcou no ano 1948 en Lisboa cara Chile, onde vivía a súa filla Maruja e outros familiares.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.