← Volver atrás

Vilaboy Martínez, Segundo

Alcume: Vila
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 28/11/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 19/12/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro, 17 anos. Traballador dos estaleiros en Ferrol.

Militante do PCE. Responsable do partido en Ferrol e comarca.

Fuxido. Executado.

Por medio de Manuel Blanco Bueno, Diego Romero, dirixente do Comité Rexional do PCE en Galicia, contactou con Benigno Fraga Pita, Alejandro, e Carlos Allegue Caruncho, cos que formou o Comité Local do PCE en Ferrol, como secretario político. Participou cos seus irmáns na folga do aceite nos estaleiros. Formou parte do Comité Local do PCE no ano 1945, en funcións de enlace coa guerrilla antifranquista do Eume.

A finais de 1945, coa chegada de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, Vicente Peña Terrassa, formouse o Comité Provincial da Coruña do PCE, no que estaban, entre outras persoas: Benigno Fraga Pita, o Alejandro; Avelino Rivas Pombo, o Edelmiro. Nesta organización tamén figuraban: Baldomero Lage Guerra, Diego Romero Jiménez, Segundo Vilaboy Martínez e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, Caravana. Tamén se atopaban Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche e Francisco Paz Fornos.

Fuxiu para unirse á guerrilla o día 31/01/1947, incorporándose ao Destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Por este destacamento pasaron: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.

O día 25/05/1947 participou, en San Marcos, Santa Mariña de Sillobre, Fene (A Coruña), no axustizamento do falanxista Evaristo Arnoso Calvo e ao día seguinte, o 26 de maio, capturouno a Garda Civil despois dun tiroteo na Casa de Delfino, preto do río Belelle, en Taboado, Sillobre, onde tamén durmía Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova, que logrou escapar.

Tentou suicidarse antes de rematar gravemente ferido. Trasladárano ao Hospital da Mariña moi grave. Permaneceu hospitalizado ata o 8 de agosto, data na que ingresou na cadea en Ferrol. Torturado e paseado pola Garda Civil durante días polos distintos lugares da comarca para que delatara aos seus camaradas; non conseguiron que fixera ningunha delación.

Por mor da súa detención, a guerrilla depurou a Francisco Barcia Martínez, a quen culparon do apresamento de Segundo Vilaboy.

Sometido a consello de guerra sumarísimo en Ferrol o día 30 de outubro de 1947, condenárono á pena de morte.

Executado a garrote vil na prisión de Caranza, en Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.