← Volver atrás

Vilar Insua, Modesto

Alcume: Modesto da Americana
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monte Meán, Santiago de Cuíña, Ortigueira
(A Coruña)
- 01/06/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor e político, 25 anos. Veciño de Viveiro (Lugo). Estudou Maxisterio na Escola Normal da Coruña. Profesor de Ciencias Químicas, Físicas e Naturais na Escola Elemental de Traballo de Viveiro.

Militante do Partido Galeguista (PG) desde 1933. No ano 1936 elixírono concelleiro de Viveiro polo PG, dentro da coalición da Fronte Popular (FP).

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois de enfrontarse aos golpistas pasou á clandestinidade.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 903/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 16/11/1937; condenado á pena de morte en rebeldía.

Ditáronse as seguintes sentenzas de pena de morte para: Jesús Bellas Cao e Agustín Rouco Vilar; castigaron a cadea perpetua a: Antonio Andrade Teixeira, José Chao González, José Doval Guerreiro, José Fraga Otero, Elías García Insua, Antonio González Costa, Jesús Lage López, Luis Paleo Leal, Manuel-José Parapar Díaz, José Pernas Vizoso, Vicente Quelle Cociña, Sebastián Romero Sánchez e Severino Sanjurjo Fernández; 20 anos de prisión para Carmen López Parapar; Sentenciaron a 15 anos de cadea a: Miguel Álvarez Insua, Francisco Martínez Oca, Francisco Pardo Timiraos, Avelino Prieto Rodríguez, José-María Sánchez Fernández, Jesús Sánchez García e José Timiraos Trasancos; condenaron a oito anos a Manuel Chao Pérez; declararon fuxidos a: Severino Bouza Pardo, Francisco-José García Gómez, Pedro López Fernández, Manuel Rodríguez Lago, José Seco Catá, Andrés Vale Blanco, Manuel del Valle Fernández e Modesto Vilar Insua.

O día 24/06/1937 participou en Viveiro no fracasado intento de asalto da tarrafa Nuestra Señora de los Dolores co obxectivo de fuxir á zona republicana.

Participaron nesta tentativa, entre outros, os veciños de Viveiro: Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; o seu irmán Cesáreo Fuentes Díaz, Cesáreo da Rula; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Tamén tomou parte o veciño de Celeiro (Lugo) Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad.

No mes de novembro de 1938 Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos, formou a Agrupación Tchapaief (ou Agrupación Chapa) na bisbarra de Ortegal e a Mariña, na provincia de Lugo; a primeira agrupación guerrilleira de Galicia. Modesto Vilar encargouse da redaccións dos seus estatutos e da planificación dos golpes económicos.

Por esta agrupación pasaron, entre outras persoas: Mozart Campoamor García; Antonia-Josefa-Liria Díaz Pérez; Germán Méndez García; Víctor Otero, o Valiño; Arcadio Pardo Boas; Venancio Seoane Bouso; e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Actuaban nas bisbarras de Ortegal e na Mariña lucense. A súa actividade guerrilleira comezou en 1939 no norte da provincia de Lugo, nas zonas de Lourenzá, Abadín, Viveiro e Mondoñedo. Era o responsable da redacción dos estatutos e da planificación dos golpes económicos.

Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Xulgado en Lugo en catro procesos polos delitos de traizón e rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Este procesamento queda sen efecto cando se rexistra a súa morte nunha cova do Monte Meán por mor de fractura de cranio por disparos de arma de fogo nun enfrontamento e despois de que os cercara a Garda Civil e tropas do Exército. Con el morreu tamén Amandino Neira Fernández.

Segundo a versión oficial teríanse suicidado antes de ser detidos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.