← Volver atrás

Villapún López, Celestino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Sestao
(Biscaia)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 10/08/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro, 32 anos. Casado; tiñan catro fillos. Veciño de Arija (Burgos). Director e obreiro de Cristalería Española na súa vila.

Militante do PSOE, da UXT e do Socorro Rojo Internacional (SRI). Presidente da Casa do Pobo en Arija.

Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

O día 08/04/1935 resultou con feridas de gravidade despois dun ataque dos falanxistas á Casa do Pobo. No dito ataque finou o seu irmán Manuel Villapún López, que fora alcalde na súa localidade; tamén morrera o conxerxe.

Executado.

Cando se desenvolve a guerra civil foi presidente do Comité de Guerra de Arija. Voluntario no 6º Batallón de Zapadores do Exército Popular republicano, declarouno inútil un tribunal médico en Xixón (Principado de Asturias).

No momento da caída da Fronte Norte capturárono os franquistas a bordo do vapor Gaviota, cando tentaba abandonar Xixón. Internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Camposancos polo Tribunal Militar Permanente nº 1 de Xixón, o día 09/06/1938 e na causa 5721/38, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas no Forte do Castro, en Vigo, e soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Pereiró.

Certas fontes sinalan como data do pasamento o 02/07/1938. Tamén aparece co seu primeiro apelido como Villapul.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha