← Volver atrás

Allo Sabor, Perfecto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 16/04/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 29 anos. Casou en 1931 con Rita Rodríguez Baúlde. Veciños de Meloxo de Arriba, San Martín do Grove, O Grove. Irmán de Juan Allo Sabor, fusilado en Pamplona.

Afiliado ao Sindicato Mariñeiro La Fraternidad do Grove, vencellado á CNT.

Fuxido. Paseado.

Os franquistas acusábano de ser un dos xefes das patrullas armadas que percorreran a vila do Grove en xullo de 1936, de organizar folgas, de dinamiteiro e de ser un elemento moi perigoso.

Despois do golpe militar agochouse no monte e, logo, nun refuxio que lle fixeron na súa casa; polo día cosía zapatillas e remendaba calzado e roupa para axudar na economía da casa.

Detido na madrugada do día 12/04/1938 cando un grupo de garda civís practicaban un rexistro domiciliario; os gardas recibiran confidencias de que varios fuxidos baixaban ás súas casas para pasar a noite.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Os fascistas aplicáronlle a Lei de Fugas en Vilagarcía de Arousa, cando o trasladaban para que identificase os lugares onde se agochaban outros fuxidos.

O seu cadáver apareceu no Monte Lobeira, San Pedro de Cornazo, Vilagarcía de Arousa, onde o soterraron co vigués Manuel Álvarez Silva.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de San Pedro de Cornazo.

Morte rexistrada en Vilagarcía de Arousa por mor de fractura da bóveda cranial e perda de masa encefálica producida por unha bala.

Semella que o asasinaron a golpes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha