Aviso legal
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), infórmase que o titular deste sitio web é:
- Titular: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
- CIF: G70026687
- Enderezo: Rúa San Andrés 36, 1º. 15003 A Coruña
- Correo electrónico: info@memoriadacoruna.gal
- Presidente: Carlos Roberto Babío Urquidi
Obxecto e uso do sitio web
O sitio web represion.memoriadacoruna.gal ten como finalidade difundir e preservar a memoria histórica das persoas relacionadas coa Guerra Civil e o franquismo, especialmente das vítimas galegas e das persoas vinculadas a Galicia.
A información presentada provén de estudios propios, fontes públicas, proxectos de investigación como Nomes e Voces da Universidade de Santiago de Compostela e de documentación histórica dispoñible en arquivos, rexistros e publicacións. O estudo e recompilación de todos os datos, ordenación e redacción son obra de Luis Sánchez Rodríguez.
O acceso e navegación neste sitio web implica a aceptación das presentes condicións. Se non estás de acordo, debes absterte de utilizalo.
Propiedade intelectual
Os contidos textuais e a recompilación de datos deste arquivo están protexidos pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril) e constan inscritos no Rexistro da Propiedade Intelectual coa seguinte referencia:
- Titular: LUIS SÁNCHEZ RODRÍGUEZ
- Pseudónimo: Luis Rebor de Laves
- Número de inscrición: C-148-2025
- Número de solicitude: 00765-02620859
- Data de presentación e efectos: 05/06/2025, 10:20
- Título: Mulleres, homes e homiños
- Subtítulo: Pouco máis dunha semana de guerra e 11720 días de loita antifranquista
Permítese a reprodución total ou parcial dos contidos con fins educativos, divulgativos e de investigación, sempre que se cite de maneira expresa e visible a fonte orixinal e a autoría.
Queda prohibida a reprodución, difusión, comunicación pública, transformación ou reutilización dos contidos con fins comerciais, así como calquera uso que deturpe, manipule ou altere o sentido do traballo orixinal.
Responsabilidade
A Comisión non garante a exhaustividade ou exactitude absoluta dos datos recompilados, dado que moitos proceden de fontes históricas incompletas ou en proceso de revisión.
O titular non se fai responsable de posibles erros, interpretacións erróneas ou uso indebido da información publicada.
Tampouco se garante a ausencia de virus ou elementos lesivos, nin se responsabiliza dos contidos de ligazóns externas.
Lexislación aplicable e xurisdición
A relación entre a Comisión e as persoas usuarias rexerase pola normativa española vixente. Para a resolución de calquera conflito, as partes sométense aos xulgados e tribunais de A Coruña.