← Volver atrás

Alonso Misa, Inocencio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Santa Eulalia de Camos, Nigrán
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Nigrán
- 01/01/2007 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 24 anos. Casou por poderes cando estaba exiliado en Chile. Veciño de Nigrán.

Militaba no Sindicato Local de Labregos e Gandeiros.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar foxe aos montes de Nigrán despois de participar na resistencia aos golpistas; estivo no monte oito meses. En novembro de 1936 alístase no exército franquista cos falanxistas e foi loitar a Zaragoza, na Fronte do Ebro; despois pasouse ás forzas republicanas con outros cinco compañeiros. Formou na Columna Durruti e combateu en Madrid e Barcelona.

Xulgado en consello de guerra pola Auditoría de Guerra da V Rexión Militar en Zaragoza polo delito de adhesión á rebelión e declarado fuxido e en rebeldía.

Ao remate da guerra civil foxe a Francia, onde pasou seis meses nun campo de concentración.

Exiliouse en Chile e, máis tarde, na República Arxentina. Pasou 41 anos exiliado.

Volveu a España despois de morto Franco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha